Skip to content

Restos dunha batería militar

Monte de San Pedro

A especial localización deste promontorio natural (142 m) converten ao monte de San Pedro nun privilexiado miradoiro natural sobre a baía e a cidade da Coruña. Aos seus pés, as illas de San Pedro.

Do mesmo xeito que o Monticaño, San Pedro era unha antiga batería militar do período de Entreguerras (primeira metade do século XX) integrada na rede de Baterías de costa do Golfo Ártabro. O complexo defensivo estaba composto por catro artillerías principais en Campelo, Prior, Lobateiras e San Pedro que blindaban, sobre todo, a entrada á base naval e aos estaleiros militares de Ferrol. Apoiábanas outros catro emprazamentos secundarios, con pezas nun calibre inferior, en Monte Campelo, Prioriño, Prior e Monticaño. Por certo, ningunha destas baterías costeiras disparou nunca en contenda militar.

Única en España! Neste parque periurbano (9,2 hectáreas) atópase a Cúpula Atlántica, un ascensor panorámico con forma de esfera acristalada 360º que percorre 100 metros de desnivel por uns raíles.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN