No marco do proxecto “RIMARTES. Riquezas do mar, tesouros do profundo” organizamos un ciclo de foros de coñecemento en colaboración co Grupo La Voz de Galicia para abordar diversos aspectos relacionados co patrimonio subacuático.

O primeiro foro tivo lugar en maio en Fisterra sobre a temática “Protección do patrimonio subacuático” e o segundo trasladouse en xuño á Coruña baixo o título “Galicia e os naufraxios que marcaron unha época”. Xa a principios de setembro, na localidade de Malpica, celebrouse o terceiro e último centrándose na temática “Turismo e patrimonio subacuático”.

As ligazóns de acceso aos vídeos están dispoñibles nesta web, nas redes sociais de RIMARTES @rimartesgalicia (Facebook e Instagram), e tamén se poden ver na web de La Voz de Galicia, así como no seu Facebook. Acceso directo clicando en cada título:

“PROTECCIÓN DEL PATRIMONIO SUBACUÁTICO”

FISTERRA

“GALICIA Y LOS NAUFRAGIOS QUE MARCARON UNA ÉPOCA”

A CORUÑA

“TURISMO Y PATRIMONIO SUBACUÁTICO”

MALPICA