Skip to content

BUCEA NA HISTORIA DO MAR

EXPERIENCIA

RIMARTES. Riquezas do mar, tesouros do profundo é un encontro coa historia, a cultura, con outras civilizacións e, por suposto, coa inmensa riqueza do mar de Galicia. Máis de 300 quilómetros de costa e medio centenar de pecios por explorar, entre o Golfo Ártabro e a Costa da Morte.

PECIOS

Galicia é un dos puntos de maior concentración de xacementos arqueolóxicos subacuáticos do Atlántico europeo. Pecios de diferentes épocas e múltiples nacionalidades ao alcance de mergulladores de todos os niveis que buscan novas experiencias e coñecementos.

MAPA

Sen esquecer a traxedia dos naufraxios, estes xacementos subacuáticos engrandeceron o patrimonio de Galicia e xeraron nova vida. Algas, peixes e crustáceos crean nos pecios un ecosistema único. A vida non se detén e nós acompañámoste a explorala.

CONCURSO

Gaña fabulosos premios

I CERTAME DE FOTOGRAFíA SUBMARINA EN PECIOS

A Coruña, Malpica, Fisterra, Porto do son

MULTIMEDIA

Atopa aquí unha pequena mostra dos nosos tesouros do profundo. Sorprendentes fotos e vídeos dos restos dos barcos afundidos que poderás coñecer en primeira persoa, dunha rica biodiversidade e outros detalles deste tramo de costa submarina entre o Golfo Ártabro e a Costa da Morte.

Reproducir vídeo