Skip to content

Proxecto

Coñece a historia do mar con RIMARTES

Experiencia de mergullo recreativo en pecios históricos do Atlántico europeo

O mar de Galicia é un dos puntos de maior concentración de xacementos arqueolóxicos do arco Atlántico europeo. Pecios de diferentes épocas e nacionalidades atópanse ao alcance de mergulladores de todos os niveis que buscan novas experiencias e coñecementos.

A través deste proxecto de turismo sostible RIMARTES. Riquezas do mar, tesouros do profundo

queremos forxar un encontro coa inmensa riqueza marítima de Galicia e co noso patrimonio subacuático.

Tamén contamos coa gran rede hostaleira dos 25 municipios costeiros entre Bergondo e Porto do Son onde saborear a gran oferta de produtos do mar. En moitas ocasións, peixes, crustáceos ou cefalópodos que se capturan nos pecios!