Máis de 300 quilómetros de costa e medio centenar de pecios por descubrir entre o Golfo Ártabro, a Costa da Morte e a Ría de Muros-Noia. Destacamos aquí algúns dos naufraxios máis interesantes, pola súa relevancia histórica ou por ser auténticos museos no fondo do mar.
Localiza nestes mapas os barcos afundidos máis famosos, e tamén algún avión ou submarino da II Guerra Mundial.