Skip to content

OS MELLORES MERGULLADORES DE SALVAMENTO

CAMELLE E AROU

Dabondo coñecido é o lanzo e solidariedade da xente do mar para axudar a quen está en perigo. Antigamente, é coñecido como os pescadores de Camelle e Arou arriscaron as súas vidas en numerosas ocasións para axudar no rescate dos moitos barcos naufragados neste agreste litoral.

En paralelo, entre 1898 – 1924, e debido á gran cantidade de naufraxios nesta zona, estableceuse en Camelle a Estación de Salvamento Barbeito Rodríguez e Compañía, xerando gran riqueza na zona. Ademais de contratar tripulación para os seus barcos, foi unha escola para formar aos mellores mergulladores e profesionais nesas tarefas.

Por extensión, as oficinas da Compañía Barbeito convertéronse en centro de recepción de náufragos, representantes de compañías de seguros, persoal de aduanas e cónsules xa que alí tramitábanse as primeiras dilixencias, procurábase aloxamento ou medios de transporte.

Porto de Camelle. Ademáis do Museo Man, vinculado á catástrofe do Prestige, ao final do dique de Camelle atópase a áncora do buque inglés City of Agra (1897), e a súa campá coroa a igrexa do Espírito Santo. A actitude heroica dos habitantes de Camelle e Arou neste rescate mesmo os levou a ser condecorados pola coroa inglesa.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN