Skip to content

LA BAYONNAISE

  1. Nome: La Bayonnaise
  2. Tipo de barco: militar, corveta de vela
  3. Bandeira: Francia
  4. Data afundimento: 28 de novembro de 1803
  5. Causa: guerra
  6. Lugar: praia de Langosteira (Fisterra)
  7. Nivel de mergullo: básico
  8. Territorio GALP: Costa da Morte

HISTORIA

Protagonista dunha famosa fazaña bélica

A Bayonnaise era unha espectacular corveta de vela e casco de madeira forrado de cobre que contaba con tres paus. Desprazaba 310 toneladas e unha tripulación de 250 persoas. Fora construída en 1794 por Bastiat, Dufourc et fils, na localidade francesa de Bayona. Contaba con vinte e catro canóns de 8 libras a bordo, que se completaban con catro canóns de borda e dúas carronadas de 32 libras.

O navío cubría o roteiro da Habana a Ferrol cando foi perseguido polo buque inglés H.M.S. Ardent, de 64 canóns. A Bayonnaise foi embarrancada pola súa propia tripulación, que a abandonou tras plantarlle lume. Estalou a medianoite.

O capitán da heróica corveta preferiu a súa voadura fronte ás costas galegas antes que entregarlla ao inimigo. A Bayonnaise era un buque corsario, non estaba pensada para o combate ou para transportar cargas, a súa prioridade era a velocidade e, en consecuencia, sacrificouse peso estrutural.

Anterioremente, esta corveta francesa foi protagonista dunha famosa fazaña bélica. O 14 de decembro de 1798, baixo o mando do Lieutenant de vaisseau, Jean-Baptiste-Edmond Richer, abordou e apresou á fragata de guerra inglesa H.M.S. Ambuscade, moito máis poderosa que a corveta gala, que estaba equipada con 42 canóns de 24 e 18 libras.

Achado do pecio

O pecio do Bayonnaise foi localizado polo equipo de Archeonauta, o grupo de arqueoloxía submarina de Miguel San Claudio Santa Cruz durante a prospección arqueolóxica desenvolvida durante o proxecto europeo de promoción do patrimonio sumerxido da Costa da Morte, Finisterre Galician Shipwrecks.

O pecio da Bayonnaise foi localizado en 2015 no marco do proxecto europeo de promoción do patrimonio mergullado da Costa da Morte, Finisterre Galician Shipwrecks.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN