Skip to content

Vistas do Golfo Ártabro

Parque Forestal de O Monticaño

Desde este promontorio natural situado en Pastoriza (Arteixo), as vistas de todo o litoral do Golfo Ártabro son espectaculares. De feito, esta situación estratéxica motivou a instalación dunha antiga batería militar (secundaria), conservada e fóra de servizo, que dominaba, desde o sur, a entrada á baía coruñesa. Daba apoio á do monte de San Pedro.

Desde a zona máis alta (239 metros), na antiga estación do telémetro (co que se calculaban os disparos) vese toda a zona norte: o Golfo Ártabro e a cidade da Coruña, pasando pola illa da Marola, a costa de Dexo e Mera e chegando ata o cabo Prior. Desde o miradoiro vese en dirección ao oeste, desde punta Langosteira co Porto Exterior ata Malpica coas illas Sisargas case “pegadas” a terra firme.

Hai que lembrar que o Porto Exterior foi a primeira gran infraestrutura do s. XXI motivada por un desastre marítimo como o accidente do petroleiro Prestige (13/11/2002) fronte á Costa da Morte.

Aproveitando o desnivel. O Parque Forestal de O Monticaño (4,4 hectáreas) é un gran espazo verde ao aire libre de acceso libre con grellas e varias zonas infantís con todo tipo de xogos. Tirolesa incluída!

GALERÍA

LOCALIZACIÓN