Skip to content

Título real

MUROS

O 29 de setembro de 1906, o rei Alfonso XIII concedeu á vila de Muros o título de “Moi Humanitaria”, en recoñecemento á solidariedade dos seus veciños no rescate dos 544 tripulantes do Cardenal Cisneros (28/10/1905). É o terceiro título que aínda conserva o escudo oficial.

A angustia de quen espera. Ao final do paseo do porto de Muros, atópase a escultura de “A velliña”, unha obra de Ramón Conde en homenaxe aos mariñeiros que teñen o mar por camposanto, pero tamén a quen os espera, sobre todo as súas mulleres, co corazón encolleito e a vista ancorada no horizonte.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN