Skip to content

PRIMEIRO FARO ELECTRIFICADO

CABO VILÁN

Testemuña pétreo, e mudo, de moitas traxedias, o faro de cabo Vilán é tamén un fito na historia da navegación marítima internacional. Foi o primeiro de España en empregar luz eléctrica a causa, precisamente, dun dos naufraxios máis simbólicos da Costa da Morte, o do H.M.S. Serpent (10/11/1890), con 173 vítimas, todos cadetes da Royal Army.

De feito, vincúlase esta traxedia como o xerme do topónimo “Costa da Morte”, nome co que os ingleses se referían ao momento onde se afundiu o barco.

Seis anos despois do accidente, o faro de cabo Vilán adoptou a súa fisionomía e localización actual, converténdose no primeiro faro de España alimentado con enerxía eléctrica. Pasou a categoría de primeira orde, como o de Fisterra ou o das illas Sisargas, conseguindo a súa luz as 60 millas (97 km) a 130 metros sobre o nivel do mar. Ademais, a Royal Navy xeneralizou o uso dos chalecos salvavidas en todos os seus barcos.

A fareira de Galicia. Ata 2019, e durante 46 anos, Cristina Fernández Pasantes foi a fareira de cabo Vilán, que tamén tiña como residencia familiar. Foi a segunda en aprobar a oposición en España e a única de Galicia. Imaxínasche que a túa casa sexa un faro?

GALERÍA

Video Playlist
1/2 videos
1
Faro Vilán - 1
Faro Vilán - 1
2
Faro Vilán 2
Faro Vilán 2

LOCALIZACIÓN