Skip to content

YEOMAN

  1. Nome: Yeoman
  2. Tipo de barco: mercante
  3. Bandeira: Reino Unido
  4. Data afundimento: 10 de febreiro de 1904
  5. Causa: embarrancado, temporal
  6. Lugar: Pedra do Porto, Camelle (Camariñas)
  7. Nivel de mergullo: básico
  8. Territorio GALP: Costa da Morte

HISTORIA

A zarzaparrilla que se bebeu o Atlántico

O naufraxio do Yeoman produciuse por unha mala estima da súa situación despois de sufrir un temporal de compoñente oeste que desviou o buque do seu rumbo entre Liverpool (Reino Unido) e Calcuta (India). O naufraxio sitúase entre o baixos Barranco Alto e Pedra do Porto, en Camelle (Camariñas), o 10 de febreiro de 1904. Houbo 5 vítimas entre os 82 tripulantes e os 4 pasaxeiros.

O Yeoman transportaba frascos de zarzaparrilla Bristol (un remedio orgánico da época para enfermidades do fígado, riles, estómago e reumáticas, entre outras moitas), 2.000 toneladas de sal e 1.500 toneladas de carbón.

O pecio está completamente arrasado, aínda que son apreciables numerosos restos e obxectos de mediano tamaño esparexidos polo fondo como se pode ver na galería de fotos.

O cargueiro Yeoman antes do seu naufraxio e detalle do pecio fronte ás costas de Camelle.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN