Causa:embarrancado debido á baixa visibilidade por néboa
Lugar: baixos de Os Meixidos (Muros). Por localizar
Nivel de mergullo: –
Territorio GALP: Ría de Muros-Noia
HISTORIA
Perda do cargamento de sardiñas na véspera de Noiteboa
O Ter era un cargueiro a vapor de 76 metros de eslora construído en setembro de 1880 nos estaleiros de Pearse, en Stockton (Inglaterra). O armador era Tintoré & Cía (Barcelona).
Procedía de Liverpool e transportaba sardiña desde Corcubión a Muros, con destino á Pobra do Caramiñal e Vigo. Ás oito da mañá do 23 de decembro de 1900, no medio dunha espesa néboa, o Ter embarrancou nos baixos de Os Meixidos, aínda que algunhas fontes citan os baixos de Corrubedo. O seu casco de ferro non soportou o impacto.
Os 15 membros da tripulación lograron salvarse en tres botes cos que alcanzaron o porto de Muros.