Skip to content

SOLWAY

  1. Nome: Solway
  2. Tipo de barco: mercante, pasaxe
  3. Bandeira: Reino Unido
  4. Data afundimento: 8 de abril de 1843
  5. Causa: embarrancado
  6. Lugar: baixos de Baldaio (Carballo)
  7. Nivel de mergullo: avanzado
  8. Territorio GALP: Costa da Morte

HISTORIA

Embarrancado nos perigosos baixos de Baldaio

O efectivo a bordo foi no seu maior parte salvado tras o naufraxio, pero de entre os 88 tripulantes (45 de pasaxe), houbo 35 vítimas.

Antes de desaparecer baixo a auga, o Solway chocou varias veces contra os perigosos baixos de Baldaio (Carballo) ás 12.10h da noite afundíndose a uns 20 metros de profundidade, e uns 20 minutos despois do primeiro choque e tras estalar as caldeiras. No momento do naufraxio, os paus aínda sobresaían da auga.

Cubría o roteiro Falmouth (costa sur de Cornualles, Inglaterra), vía A Coruña, ás Indias Occidentais. A perda achacouse á carencia de axudas á navegación na Coruña. En consecuencia, este porto foi borrado da lista de escalas da compañía armadora, a Royal Mail Steam Packet Co., unha das grandes navieiras británicas de todos os tempos coñecida popularmente como A Mala Real Inglesa.

Perdeuse no buque e a carga xeral (correo e pasaxe) valorada nunhas 1.300 libras da época, que equivalerían a uns 113.000€ actuais.

O seu capitán, C.R. Duncan, pereceu mentres organizaba o salvamento, aínda que algunhas fontes apuntan a que cometeu suicidio.

No pecio do Solway recuperouse o sextante que podedes ver na galería de fotos, primeiro exemplo coñecido en Galicia deste instrumento destinado a medir ángulos e determinar a posición do buque mediante os astros. Actualmente, se custodia no Museo do Mar de Galicia (Vigo), onde se está restaurando.

Características do Solway

Barco mixto a vapor e a vela, con máquina de balancín lateral construída por J. Caird & Co., Greenock (Port Glasgow).

Paletas, 9 nós. 400IHP. 74,7 x 19,8 x 9,1m. 1700 TRB.

Casco de madeira construído (1841) por J. Macmillan & Co., Archibald Mcmillan, Greenock, Dumbarton.

GALERÍA

VÍDEOS

LOCALIZACIÓN