Skip to content

SILVA GOUVEIA

  1. Nome: Silva Gouveia
  2. Tipo de barco: carga xeral
  3. Bandeira: Portugal
  4. Data afundimento: 23 de decembro de 1927
  5. Causa: embarrancado
  6. Lugar: praia de O Rostro (Fisterra)
  7. Nivel de mergullo: básico
  8. Territorio GALP: Costa da Morte

HISTORIA

O esqueleto do vapor portugués que emerxe cos temporais

O Silva Gouveia era un vapor portugués de tripla expansión, 149 NHP e 11 nós construído en 1906 por Richardsons, Westgarth & Co., en Middlesbrough (874 TRB. 64,5 x 10,16 x 4,22 metros) con casco de aceiro. Os propietarios anteriores foran Miller SS Co., Liverpool, como Monmouth Coast, 1914-1922. Powell F. H. & Co., Liverpool, como Faithful, 1906-1914.

Cubría o roteiro Hamburgo a Porto cunha tripulación de 26 persoas cando encallou e afundiuse durante un temporal nas pedras de As Pardas, fronte á praia de O Rostro. Tiña a máquina situada a popa.

En marzo de 2014 e en decembro de 2020, xusto 93 anos despois do seu afundimento, os duros temporais deses invernos descubriron o esqueleto do Silvia Gouveia na praia fisterrá de O Rostro, como quedou reflectido na prensa local.

Características do Silva Gouveia

Vapor de tripla expansión, 149 NHP, 11 nós fabricado por Richardsons, Westgarth & Co., Middlesbrough. 874 TRB. 64,5 x 10,16 x 4,22 m. Casco de aceiro.

Construído: 1906, Harkess W. & Sons Ltd., Middlesbrough.

Armador: Soc. Geral de Comércio, Industria e Transporte Ltda., Lisboa.

 

GALERÍA

LOCALIZACIÓN