SALIER
- Nome: Salier
- Tipo de barco: carga e pasaxe, vapor mixto
- Bandeira: Alemaña
- Data afundimento: 8 de decembro de 1896
- Causa: embarrancado durante un temporal
- Lugar: baixos de As Basoñas, fronte á praia de Xuño (Porto do Son)
- Nivel de mergullo: Por localizar
- Territorio GALP: Ría de Muros-Noia
HISTORIA
Traxedia de 281 vítimas para a emigración ao Novo Mundo
O Salier era un vapor de liña que transportaba carga e pasaxe entre Europa e América do Sur nos anos da emigración ao Novo Mundo. Tiña 108 metros de eslora e contaba con casco de ferro. Fora construído en 1875 pola Earle’s SB & E. Co. en Hull (Inglaterra). O armador era Norddeutscher Lloyd.
Partiu do porto de Bremen (Alemaña) e, tras facer escala na Coruña, dirixíase a Vigo para poñer rumbo á Prata. A pasaxe estaba composto por emigrantes rusos, polacos e galegos, na súa maioría. Partira o día 7 e a primeiras horas do día 8, con moi malas condicións de mar. O vento e as correntes arrastraron ao buque cara ao seu último e fatal destino.
O Salier embarrancou fronte ao cabo Corrubedo cobrándose a vida dos seus 281 tripulantes e pasaxeiros. Non houbo sobreviventes.
Ningún dos cadáveres recuperados levaba chaleco salvavidas, o que fai supoñer que o afundimento sobreveu sen o máis mínimo aviso, probablemente cos pasaxeiros durmindo.
A perda do Salier achacouse a un suposto mal estado do buque ou mesmo, como noutros casos, a unha suposta variación magnética local. A explicación, como nos casos producidos por temporais do suroeste na zona, débense á deriva e ao abatemento ocasionados polos ventos e a corrente.
GALERÍA