Skip to content

RHINOCEROS

  1. Nome: Rhinoceros
  2. Tipo de barco: barcaza sen propulsión, 1.000 TRB.
  3. Bandeira: Noruega
  4. Data afundimento: 19 de febreiro de 1923
  5. Causa: embarrancado
  6. Lugar: O Cabalo, punta Pragueira (A Coruña)
  7. Nivel de mergullo: avanzado
  8. Territorio GALP: Golfo Ártabro

HISTORIA

Perdas humanas por mor da burocracia

O Rhinoceros era unha gabarra sen propulsión construída en formigón armado. Navegaba a remolque do buque da mesma compañía T. H. Skogland, con rumbo a Río de Janeiro (Brasil) para apoiar a actividade da compañía naquel porto. Como consecuencia dun forte temporal rompeu o remolque quedando á deriva e estrelándose o 19 de febreiro de 1923 fronte a punta Pragueira (A Coruña).

O capitán do buque remolcador enviara unha radiomensaxe ás sete da tarde do mesmo día 19 pedindo auxilio por perder a barcaza con sete homes a bordo. Dilacións burocráticas na transmisión destas mensaxes impediu tomar medidas que puidesen auxiliar a todos os tripulantes.

Aproximadamente, á unha da madrugada un único sobrevivente presentouse na estación de policía dando conta do naufraxio. Só ás sete da mañá do día 20 puideron partir os vapores pesqueiros Zorrilla Nº1 e 2 á zona de punta Herminia á procura de sobreviventes ou, máis plausible, de cadáveres.

O buque remolcador naufragou o día 21 de febreiro nas Serralleiras, Baiona (Pontevedra).

Referencias:

GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, X. M. (CO.) 1999. www.wrecksite.eu. La Voz de Galicia

GALERÍA

LOCALIZACIÓN