Skip to content

Carmen vilariño

  1. Nome: Carmen Vilariño
  2. Tipo de barco: pesqueiro, arrastreiro
  3. Bandeira: España
  4. Data afundimento: 10 de outubro de 1971
  5. Causa: embarrancado, néboa
  6. Lugar: baixo do Caballo, El Altar, punta Herminia (A Coruña)
  7. Nivel de mergullo: básico
  8. Territorio GALP: Golfo Ártabro

HISTORIA

Traxedia pesqueira fronte ao monte de San Pedro

Eran as dúas da madrugada do 10 outubro 1971. A pesqueiro Carmen Vilariño regresaba dunha marea nos caladoiros do Gran Sol cando embarrancou no medio dunha densa néboa fronte a punta Herminia, preto de onde está situada a escultura coñecida como a Buguina.

Neste naufraxio estreouse a Cruz Vermella do Mar, institución creada como consecuencia do tráxico naufraxio do pesqueiro A Isla o ano anterior (1970). Non houbo desgrazas persoais neste accidente. Os 14 tripulantes abandonaron o buque nas balsas salvavidas e no bote auxiliar e foron rescatados pola embarcación de salvamento provisional de orixe inglesa sita no porto coruñés e polo pesqueiro Novo Torre de Lecuona.

As tarefas de salvamento do buque foron abordadas polas empresas Santa Cruz e Extrasa, con axuda dun remolcador da Armada, pero nada se puido facer por rescatar ao pesqueiro que foi despezado in situ. Parte do buque foi lanzado contra a costa polos temporais.

O patrón do Carmen Vilariño era irmán do patrón do pesqueiro A Isla, Benito Silva, falecido naquel naufraxio.

Características

Tipo: pesqueiro de arrastre. Características: motor, diésel, 550 HP. 219 TRB. 30 x 6,85 x 3,9 m. Casco: aceiro. Construído: 1961, Estaleiros e Talleres do Noroeste, Astano, Perlío (Ferrol). Armador: Dionisio Tejero Pérez (A Coruña). Patrón: Jesús Silva Rodríguez.

(San Claudio Santa Cruz, 1997), 1997. SUBSECRETARÍA DE LA MARINA MERCANTE, 1971. (Lloyd’s Register of British and Foreing Shipping Returns of Vessels, págs. 1971-55)

SAN CLAUDIO SANTA CRUZ, M., 1997. SUBSECRETARÍA DE LA MARINA MERCANTE, 1971. (Lloyd’s Register of British and Foreing Shipping Returns of Vessels, págs. 1971-55)

GALERÍA

LOCALIZACIÓN