Skip to content

Oceonographic

  1. Nome: Oceanographic
  2. Tipo de barco: 
  3. Bandeira:
  4. Data afundimento:
  5. Causa: 
  6. Lugar: ría de Muros-Noia
  7. Nivel de mergullo: avanzado
  8. Territorio GALP: Costa Sostible

HISTORIA

ACHADO FROITO DA CASUALIDADE

O pecio do Oceanographic é un dos máis visitados polo centro Mergullo Compostela pola súa situación, vistosidade e accesibilidade para case todos os niveis de mergullo. De feito, foi o pecio elixido para a inmersión que organizamos en Porto do Son no marco do I Certame RIMARTES de FotoSub en Pecios. Tres das fotografías tomadas durante esta saída foron galardoas con:

CATEGORÍA ANGULAR DE PECIO SEN MERGULLADOR
1º Premio: José García Santiago

CATEGORÍA CLOSE UP DE PECIO
1º Premio: José García Santiago
3º Premio: Uxío López Castro

A pista das “marcas de pesca”

O seu descubrimento foi froito da casualidade hai xa unha década cando os pescadores locais deron unhas marcas de pesca, “as postas de fanecas”, a Marcelino González, xerente de Mergullo Compostela, a unha media hora do porto e dentro da ría de Muros-Noia. Alí, a 22 metros de profundidade localizaron os restos deste buque oceanográfico do que, por agora, continúa investigándose a súa historia e causas do naufraxio.

Durante a inmersión, a embarcación na que chegan os mergulladores recreativos fondéase xunto a unhas rocas e o grupo vai baixando polo cantil ata unha profundidade máxima de 22 metros. Pousado no fondo mariño pódese ver un motor de gran potencia, as cadernas (as “costelas da embarcación) e outros restos. O pecio do Oceanographic é ecosistema de gran riqueza mariña e por iso, lugar habitual de pesca.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN