Skip to content

Nil

  1. Nome: Nil
  2. Tipo de barco: vapor mercante
  3. Bandeira: Francia
  4. Data afundimento: 10 de outubro de 1927
  5. Causa: embarrancado, néboa
  6. Lugar: praia de Arou (Camariñas). Por localizar
  7. Nivel de mergullo:
  8. Territorio GALP: Costa da Morte

HISTORIA

A pillaxe non temeu á néboa

Embarrancado como consecuencia dunha densa néboa que cubría toda a costa galega, o barco, desorientado, fondeou nunha zona de cinco metros de profundidade desde onde pediu auxilio por descoñecer a súa situación. A bordo viaxaban 20 tripulantes e 12 pasaxeiros; todos se salvaron.

Nun primeiro momento, a valiosa carga do Nil foi collida polos veciños que acudiron en masa á praia de Arou. Había automóbiles, maquinaria, tea, seda, produtos químicos, farmacéuticos, fariña, champaña e cemento que viaxaban de Bordeus (Francia) a Dakar (Senegal) e Bathrust (Gambia).

O capitán do Nil, Huarsch, chegou a disparar coa súa pistola a un grupo de persoas, lesionando a unha delas. Mesmo se houbo de botar man de dous vapores de pesca para que, a bordo, as autoridades puxesen garda sobre o naufraxio. O día 21, desde Ferrol despachouse ao cañonero Dato para protexer o barco afundido da pillaxe.

A Garda Civil e os carabineiros pronto comezaron a aprehender mercadorías que xa estaban no circuíto comercial da comarca. Finalmente, a carga foi recuperada e o Nil, despezado.

Características

Vapor, tripla expansión, 10 nós, 2.769 TRB, 91,4 x 13,4 m.

Construído: 1920, Pusey & Jones, Wilmington (Delaware) Nº1012. Casco de aceiro.

Anuncio de venda dos restos do Nil en La Voz de Galicia, o 24 de xaneiro de 1928
Anuncio de venda dos restos do Nil en La Voz de Galicia, o 26 de xaneiro de 1928
 
O Nil embarrancado fronte á praia de Arou.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN