Mount Parness, Manoussis, Constantinos Pateras
- Nome:Mount Parness, Manoussis, Constantinos Pateras
- Tipo de barco: mercantes
- Bandeira: Grecia
- Data afundimento: 1920, 1922 y 1935, respectivamente
- Causa: vía de auga
- Lugar: baixo de O Carrumeiro Chico (Corcubión)
- Nivel de mergullo: moi alto
- Territorio GALP: Costa da Morte
HISTORIA
O cemiterio dos vapores gregos
O baixo de O Carrumeiro Chico é unha pedra que apenas asoma da superficie da auga en marea alta. Actualmente está balizada por unha luz que advirte aos navegantes da súa presenza xa que se atopa xusto no roteiro de acceso á ría de Corcubión. Desde sempre, foi considerada un dos maiores perigos para a navegación da zona.
Só nesta pedra sábese que naufragaron ao redor dunha decena de embarcacións como os barcos británicos Rosalie (1905), o Albión (1908), o ruso Maria (1910); ou os gregos Manoussis (1920), Constantinos Pateras (1922) e Mount Parness (1935). De feito, a elevada presenza de embarcacións de nacionalidade grega fixo que algúns autores bautizasen esta pedra como “o cemiterio dos vapores gregos”.
Afortunadamente, e a pesar de contar cunha elevada densidade de naufraxios, o número de vítimas mortais é insignificante neste punto, contrastando con outras paraxes da Costa da Morte.
Na actualidade, baixa a auga do Carrumeiro Chico localízanse caldeiras dos vellos vapores, áncoras, restos dos cascos e estruturas dos buques e verdadeiras praias submarinas formadas polos cargamentos de mineral. Mesmo, a uns 40 metros de profundidade, consérvanse os restos intactos dun destes vapores.
Estas circunstancias permiten coñecer máis dunha época na que o tráfico marítimo condicionou a Historia destes portos desta parte do arco atlántico europeo.
GALERÍA



