Skip to content

MATTHEW CAY

Campana del Matthew Cay en el Museo da Pesca de Fisterra.
  1. Nome: Matthew Cay
  2. Tipo de barco: mercante, vapor
  3. Bandeira: Reino Unido
  4. Data afundimento: 23 de setembro de 1887
  5. Causa: embarrancado por mor da néboa
  6. Lugar: bajo de A Carraca (Fisterra)
  7. Nivel de buceo: muy alto
  8. Territorio GALP: Costa da Morte

HISTORIA

A fatalidade da néboa que rodea ao cabo Fisterra

O vapor Matthew Cay era un cargueiro de case 80 metros de eslora construído en 1872 polos estaleiros Softley & Co. (South Shields, Reino Unido). A compañía armadora era Cay, Hall & Co, de North Shield.

Dirixíase desde o porto escocés de Troon a Xénova (Italia) cunha carga de carbón e ferro, pero a néboa impediu que a tripulación percibise a presenza do baixo da Carraca, a 3 millas do cabo Fisterra.

Os mariñeiros de Fisterra, que avistaron as bengalas lanzadas polos náufragos, acudiron nas súas embarcacións ao rescate. Nove dos 19 tripulantes do Mathew Cay perderon a vida no accidente.

Meses despois, en outubro dese mesmo ano, os pescadores fisterráns Anxo Pazos e Agustín González foron recompensados polo buque británico Board of Trade cunha medalla e unha retribución económica pola súa inestimable axuda.

Achado do pecio

O pecio do vapor Matthey Cay foi localizado en 2014 polo centro Buceo Finisterre (https://www.buceofinisterre.com) seguindo as indicacións dos pescadores locais. A estrutura e o casco colapsaran, pero conservábase a máquina de vapor, a caldeira, maquinillas de aparellos e de fondeo, as hélices principal e de respecto, e tres grandes áncoras de tipo almirantazgo, entre outros restos. O pecio permanecera inalterado ata o seu descubrimento.

A campá do vapor pode verse no Museo da Pesca de Fisterra.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN