Skip to content

MARÍA ADARO

  1. Nome: María Adaro
  2. Tipo de barco: vapor mercante
  3. Bandeira: España
  4. Data afundimento: 24 de xullo de 1933
  5. Causa: embarrancado
  6. Lugar: baixo de A Moa, cabo Santo Hadrián (Malpica). Por localizar.
  7. Nivel de mergullo:
  8. Territorio GALP: Costa da Morte

HISTORIA

Primeiro naufraxio do armador Gumersindo Junquera na Costa da Morte

Dous anos antes do naufraxio do Gumersindo Junquera (20 de maio de 1935), outro cargueiro do armador asturiano truncou a súa extensa folla de servizos en augas da Costa da Morte.

A travesía do María Adaro chegou ao seu fin 42 anos despois da súa botadura (1891) fronte ás illas Sisargas Transportaba 3.000 toneladas de carbón entre Avilés e Valencia con 35 tripulantes ao mando do capitán Rise (Delfín Menéndez).

O barco navegaba con precaución, aínda que demasiado próximo a terra e embarrancou por mor da néboa ás 20.00h do 24 de xullo de 1933, véspera do patrón de Galicia. Non houbo que lamentar perdas humanas xa que todos conseguiron poñerse a salvo nos botes salvavidas.

O baixo A Moa sitúase “por terra da punta de Santo Hadrián, ao sur das illas Sisargas”, “moi preto da costa e a un cable das Sisargas pola parte de terra”.

Antes da armadora Junquera G. Marítima S.L., de Xixón, os propietarios do María Adaro foran Hijos de J. Barreiras co nome de Mercurio (1920-1928); Maclay & Mcintyre Ltd. – Glasgow United Shipping Co. – Glasgow Navigation Co., Glasgow, como Merannio (1905-1920); e Baxter H & Co., Hull, como Kendal (1891-1905).

Foto do María Adaro antes do seu naufraxio.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN