LA ISLA
- Nome: La Isla
- Tipo de barco: pesqueiro, arrastreiro
- Bandeira: España
- Data afundimento: 4 de outubro de 1970
- Causa: embarrancado, néboa
- Lugar: Pedra do Boi (A Coruña)
- Nivel de mergullo: avanzado
- Territorio GALP: Golfo Ártabro
HISTORIA
A traxedia que motivou a creación do salvamento profesional
O pesqueiro español A Isla, embarrancou ás cinco da madrugada do 4 de outubro de 1970 na coñecida como Pedra do Boi, ao pé da Torre de Hércules (A Coruña). Regresaba a porto con 15 persoas a bordo tras unha campaña no Gran Sol.
Non houbo tempo para realizar unha chamada de auxilio e a falta de medios de salvamento provocou que perecese toda a tripulación salvo un maquinista que foi recollido polo pesqueiro Segunda Isabelita.
Esta traxedia ocasionou tal consternación en todo o país que as autoridades deron os primeiros pasos para a fundación da Cruz Vermella do Mar, os grupos de mergullo da Garda Civil G.E.A.S. e o establecemento dun servizo SAR, dependente do Exército do Aire.
O patrón da Isla era irmán do patrón da pesqueiro Carmen Vilariño, embarrando por mor da néboa xusto un ano despois e moi preto do lugar desta desgraza.
Características
Características: diésel, 430 H.P., 201 TRB., 29 x 6.52 x 3,75, aceiro. Construído: 1962, Hijos de J. Barreiras, Vigo (Pontevedra). Armador: Jaime Gómez Pablos
Referencia:
SAN CLAUDIO SANTA CRUZ, M., 1997. Subsecretaría de la Marina Mercante, 1966. (Lloyd’s Register of British and Foreing Shipping Returns of Vessels, págs. 1970-54)