Skip to content

Junkers JU 88 c6 f8+kd

  1. Nome:Junkers Ju 88 C6 F8+KD
  2. Tipo de barco: aeronave, caza pesado
  3. Bandeira: Alemaña
  4. Data afundimento: 20 de xullo de 1942
  5. Causa: embarrancado
  6. Lugar: punta Langosteira, Arteixo
  7. Nivel de mergullo:
  8. Territorio GALP: Golfo Ártabro

HISTORIA

Combate aéreo da II Guerra Mundial fronte a Arteixo

Un avión Ju-88 C-6 alemán número Wnr. 360015 e código e pertencente ao III/KG 40, foi derrubado a 20 millas das illas Sisargas (Malpica, A Coruña) o 20 de xullo de 1942 polo Wellington HX423 do 15 OTU (Unidade de Adestramento Operacional) da Royal Air Force (RAF), ao que atacaba.

Dous dos membros da tripulación, o comandante Karl Stoeffler e o seu observador, August Möller, faleceron; e o terceiro August Werner, lixeiramente ferido conseguiu facer amerizar o aeroplano antes de ser rescatado do mar polo pesqueiro San Antonio de Padua (Ribeira) e conducido á Coruña. Só se recuperou o corpo de Möller e os seus restos están en Cuacos de Yuste (Cáceres).

Un dos avións británicos Wellington da Royal Air Force tamén caeu ao mar mentres que o outro resultou lixeiramente danado. Algunhas fontes mesmo dan como derrubados aos dous aparellos.

Junkers Ju 88, a “moza para todo”

O Junkers Ju 88 da Luftwaffe, a forza aérea alemá, foi un dos avións de combate máis versátiles da II Guerra Mundial. De feito, afectuosamente coñecíase como “a moza para todo” xa que foi empregado como bombardeiro medio, bombardeiro en picado, caza nocturno, torpedero, avión de recoñecemento, caza pesado, e mesmo como bomba voadora durante a última etapa do conflito bélico.

Características:

Bimotor, 2 x 1340 CV Junkers Jumo 211 J-1 (ou J-2) de 12 cilindros, vel. 488 km/h. 14.36 x 20.00 x 5.06 m.

Peso baleiro / máximo: 9,060 / 12,350 kg.

Armamento: 3 canóns de 20 mm, 3 metralladoras de 7.9 mm, 1 metralladora de x 13 mm.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN