Skip to content

IONION

  1. Nome: Ionion
  2. Tipo de barco: mercante, vapor
  3. Bandeira: Grega
  4. Data afundimento: 15 de agosto de 1925
  5. Causa: embarrancado
  6. Lugar: punta de Buítra (Muxía). Por localizar
  7. Nivel de mergullo:
  8. Territorio GALP: Costa da Morte

HISTORIA

Esquivou a I Guerra Mundial, naufragou en Muxía

Cargado con 1.500 toneladas de chatarra que transportaba de Londres a Huelva, o Ionion truncou o seu traxecto no corazón da Costa da Morte tras medio século de servizo e superando un ataque directo na I Guerra Mundial oito anos antes.

Os 15 tripulantes lograron salvarse e foron atendidos por pescadores que se atopaban na zona. Tras o naufraxio, foron trasladados a terra nunha lancha de motor enviada polo comerciante de Muxía, don Manuel Martínez.

Outro suceso, pero con mellor fin e tamén acontecido no mes de agosto, cubría con honra a ficha de servizos do Ionion. Co nome de Othalia, foi torpedeado polo submarino alemán UC 31 o 7 de agosto de 1917 cando se atopaba a 50 millas ao leste das illas *Órcadas, no norte de Escocia (Reino Unido). Naquela viaxe transportaba madeira de Malmö (Suecia) a Londres. Remolcado á capital do arquipélago, Kirkwall, engadíuselle unha nova sección de popa por Hawthorns & Co Ltd, en Leith (Edimburgo).

Características do Ionion

Vapor tipo compound, 120 NHP, 73,5 x 10,1 x 4,4 m, 1164TRB. Casco de aceiro.

Construído: 1880, Palmer’s Shipbuilding & Iron Co. Ltd., Newcastle-Upon-Tyne, Nº 43.

Armador: Razis S. G. (Ionian SS Co. Ltd.).

O Ionion o ano da súa construcción, en 1880, en Dowlais.
Foto do naufraxio en 1925 xentileza de Aquiles Garea.
Anuncio de venda dos restos do naufraxio do Ionion nun periódico da época.
 

GALERÍA

LOCALIZACIÓN