Skip to content

HMS Captain

  1. Nombre: H.M.S. Captain
  2. Tipo de barco: militar, acoirazado de torreta
  3. Bandeira: Reino Unido
  4. Data afundimento: 7 de setembro de 1870
  5. Causa: pérdida de estabilidade
  6. Lugar: cabo Fisterra (Fisterra). Por localizar
  7. Nivel de mergullo: por localizar
  8. Territorio GALP: Costa da Morte

HISTORIA

O maior naufraxio da Costa da Morte con 483 vítimas

Podería dicirse que o HMS Captain era un dos barcos máis espectaculares e innovadores da época, propiedade da Armada Real británica, a Royal Navy. Contaba cunha propulsión mixta e unha potencia de 900 NHP que saían de dúas máquinas horizontais de catro cilindros, oito caldeiras rectangulares e dúas hélices, ademais dunha gran superficie con velas.

O barco, cuxo casco de 97,5 metros de eslora era de aceiro, alcanzaba velocidades de 15,2 nós e desprazaba 7.767 toneladas. Construíuse en 1869 nos estaleiros Lairds, en Birkenhead (Reino Unido) e contaba con catro canóns de 305 mm e outros dous de 178 mm.

Nada puido facer o capitán do buque, Hugh Talbot Burgoyne, dado que o barco envorcou como consecuencia das carencias de navegabilidade do seu deseño.

Navegando a vela, non puido superar a escora producida polo vento nesta zona do Atlántico europeo e foise a pique. Houbo 483 vítimas. Dunha tripulación de 501 persoas, só se salvaron 18.

A pesar de ser un dos barcos máis innovadores da súa época, o H.M.S. Captain envorcou debido ás carencias de navegabilidade do seu deseño.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN