Skip to content

Good Lion

  1. Nome: Good Lion
  2. Tipo de barco: mercante, carga xeral
  3. Bandeira: Panamá
  4. Data afundimento: 19 de decembro de 1983
  5. Causa: embarrancado
  6. Lugar: punta Sardiñeiro (Corcubión)
  7. Nivel de mergullo: básico
  8. Territorio GALP: Costa da Morte

HISTORIA

O dubidoso naufraxio accidental do Good Lion

Embarrancado con tempo duro pasou á historia como un naufraxio intencionado. O barco acabou desgüazado.

Construído en 1964 por W. Doxford & Sons (Pallion, Sunderland) Nº 860 para Bank Line Ltd., foi botado con bandeira británica e nome Tweedbank entre 1964-1979. Despois, navegou como Good Lion Inc. entre 1979-1983 con NºIMO: 6401268.

Cunha tripulación de 25 persoas, transportaba lastre entre Bremen (Alemaña) e Irán cando finalizou a súa última travesía en punta Sardiñeiro.

Características do Good Lion

Motor, diésel, 15 nós. 10143 TRB. 155 x 20,5 x 12,4 m. Casco de aceiro.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN