GEORGE C

- Nome: George C
- Tipo de barco: cargueiro
- Bandeira: Líbano
- Data afundimento: 6 de novembro de 1962
- Causa: embarrancado
- Lugar: punta de Caldebarcos (Carnota). Por localizar.
- Nivel de mergullo: –
- Territorio GALP: Costa da Morte
HISTORIA
Baixo a sospeita da sabotaxe
O George C era un vapor dedicado ao transporte de mercadorías. Contaba cun motor de tripla expansión e turbina de baixa presión que lle proporcionaba 342 NHP de potencia, alcanzando unha velocidade de 10 nós. O barco, de 101,6 metros de eslora e casco de aceiro, foi construído en 1939 por Smit Jan – Scheepswerven Jan Smit, en Ablasserdam (Róterdan, Holanda), aínda que tiña bandeira do Líbano. A compañía armadora era Demannet Corp., de Beirut.
O George C transportaba fertilizantes desde o porto belga de Gante a Macorís, na República Dominicana. Na información oficial consta que sufriu unha vía de auga tras a cal embarrancou e partiuse en dous. Segundo o relato de varias testemuñas que recollen as crónicas da época, o naufraxio puido ser intencionado.
O barco foi despezado, pero dáse a circunstancia de que o sinistro ocorreu no mesmo lugar no que se acha o pecio dun buque máis antigo e do que se conservan varios canóns.
GALERÍA



