Skip to content

Focke Wulf FW 200 Kondor C3-U

  1. Nome: Focke Wulf FW 200 Kondor C3-U
  2. Tipo de barco: avión de recoñecemento – combate
  3. Bandeira: Alemaña
  4. Data afundimento: 12 de xullo de 1942
  5. Causa: descoñecida
  6. Lugar: inmediacións do monte Louro, ría de Muros. Por localizar
  7. Nivel de mergullo:
  8. Territorio GALP: Ría de Muros-Noia

HISTORIA

Accidente aéreo da II Guerra Mundial fronte ao monte Louro

O Focke Wulf Kondor foi un dos avións máis emblemáticos dos combates aéreos da Segunda Guerra Mundial sobre o Atlántico. Era unha aeronave de gran porte, de orixe civil, adaptada como avión de recoñecemento, patrulla marítima e ataque. O Kondor matrícula F8+BT pertencía ao escuadrón 9/KG40 de recoñecemento de longa distancia que tiña base en Bordeus e Cognac (Francia), e ocupábase de realizar misións na área comprendida entre o Golfo de Biscaia e o Atlántico.

O avión, cos distintivos da Luftwaffe alemá, contaba con catro motores BMW de 9 cilindros. O seu peso era de 17.000 kg e tiña unha envergadura de 32,9 metros. Estaba dotado con canóns de 20 mm, metralladoras de 13 e 7,92 mm. Tiña capacidade para portar 6 bombas de 250 kg ou 2 torpedos. Este avión estaba equipado cun radar de búsqueda, probablemente un FuG Rostock ou un FuG 200 Hohentwiel.

O fondo da ría de Muros, á altura do monte Louro, suponse que custodia os restos desta aeronave en cuxo accidente, do que non se coñecen as causas, perderon a vida os 6 integrantes da tripulación sen que fose posible recuperar os cadáveres.

A tripulación estaba formada por Ofw Richard Schöngraf (piloto), Uffz Kurt Groneberg (copiloto), Uffz Helmuth Tiemann, Uffz Eric Althammer, Fw Rudolf Lätsch e Ogfr Ernst Thiel.

Auxilio do pesqueiro Alondra

O accidente foi avistado polo pesqueiro de baixura Laverca. O seu patrón, Carlos Arda, informou do sucedido ás autoridades. Esta foi a súa declaración: “O que subscribe, patrón de cabotaxe, Carlos Arda, veciño de Marín e patrón do pesqueiro Laverca, folio 4.817 da 3ª lista de Vigo, ten a honra de poñer no seu coñecemento que esta mañá, atopándose o barco dedicado ás faenas da pesca á altura da ría de Muros, sobre as 11 horas, avistaron un avión de nacionalidade alemá que voaba a moi baixa altura e rumbo ao norte, que capotou ao estar como a dúas millas de distancia do pesqueiro Laverca.

Inmediatamente saíron para o lugar onde se afundiu o avión para prestar os auxilios necesarios, resultando estes infrutuosos, pois despois de estar catro horas polo lugar que capotou, só puideron recoller uns vultos que saíron á superficie. En vista destes, arrumbaron para este porto (Vigo), chegando ao mesmo sobre as cinco da tarde. O número de vultos son once, un que constitúe parte do tren de aterraxe e dez máis, ao parecer, depósitos de aceite e gasolina.”

Máis accidentes aéreos

Este non foi o único accidente aéreo que se rexistrou na Costa da Morte durante o conflito bélico. Entre 1941 e 1943 foron frecuentes os voos de avións de guerra tanto do bando aliado como do Eixo. Na memoria dos vellos mariñeiros perdura o recordo de batallas aéreas, derribas e amaraxes forzosos.

Información complementaria:

Anexo: Aeronaves internadas en España durante a Segunda Guerra Mundial. Wikipedia, La enciclopedia libre, 2014.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN