Erkowit

- Nome: Erkowit
- Tipo de barco: mercante, carga xeral
- Bandeira: Sudán
- Data afundimento: 31 outubro 1970
- Causa: embarrancado, vía de auga
- Lugar: Bastiagueiro, Oleiros
- Nivel de mergullo: básico
- Territorio GALP: Golfo Ártabro
HISTORIA
Unha vítima durante a recuperación da carga
O día anterior ao seu afundimento, o 30 de outubro de 1970, sufriu unha abordaxe co alemán Dortmund á altura de cabo Vilán (Camariñas). Foi remolcado ata A Coruña para a súa reparación e, á súa chegada, decidiuse varalo nas proximidades de Bastiagueiro (Oleiros) para previr o afundimento xa que transportaba unha valiosa carga xeral consistente en automóbiles, maquinaria, manteiga, fariña, madeira, patacas, cosméticos, bronce, papel de escribir, produtos químicos, unha imprenta, follas de afeitar, etc.
O Erkowit foi parcialmente despezado pola empresa Santa Cruz e recuperada parte da carga.
Durante os traballos de recuperación dos elementos tóxicos faleceu o subtenente escafandrista da Armada Española, Antonio Guil.
GALERÍA







Anterior
Seguinte