Skip to content

EMILIE LOUIS DREYFUSS

  1. Nome: Emilie Louis Dreyfuss
  2. Tipo de barco: mercante, carga xeral
  3. Bandeira: Francia
  4. Data afundimento: 8 de outubro de 1927
  5. Causa: embarrancado
  6. Lugar: baixo de A Eira, enseada de Sardiñeiro (Corcubión)
  7. Nivel de mergullo: básico
  8. Territorio GALP: Costa da Morte

HISTORIA

Toda a carga foi recuperada

Debido á néboa, o Emilie Louis Dreyfuss confundiu a enseada de Sardiñeiro coa entrada á ría de Corcubión nun día de escasa visibilidade e embarrancou. Toda a carga de cobre foi recuperada e entre os seus 23 tripulantes non houbo que lamentar perdas humanas. Este buque foi intensamente despezado, polo que poucos restos quedan do seu pecio.

O Emilie Louis Dreyfuss pertencía a un tipo de construción estandarizado durante a Primeira Guerra Mundial, o denominado vapor clase A-type standard.

No momento do naufraxio, a compañía armadora era Louis Dreyfus & Co., de Dunkerque (Francia) e a anterior, entre 1917 – 1920 foi TSC – The Shipping Controller (WWI) (Londres) como War Thistle.

Características do Emilie Louis Dreyfuss

Vapor de tripla expansión, 517NHP, 11 nós. 125,6×15,8×7,6 m., 5030TRB. Casco de aceiro.

Construído: 1917, John Brown & Co. Ltd., Clydebank (Escocia).

Anuncio de venda dos restos do Emile Louis Dreyfuss no periódico El Pueblo Gallego, do 16 de maio de 1931, casi catro anos despois do accidente.
Foto del rescate tras el naufragio del Emilie Louis Dreyfuss cedida por Luis Lamela.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN