Skip to content

cimarrón

  1. Nome: Cimarrón
  2. Tipo de barco: pesqueiro, bou
  3. Bandeira: España
  4. Data afundimento: 17 de abril de 1945
  5. Causa: vía de auga, néboa
  6. Lugar: fronte ao monte de San Pedro (A Coruña)
  7. Nivel de mergullo: moi alto
  8. Territorio GALP: Golfo Ártabro

HISTORIA

Traxedia pesqueira fronte ao monte de San Pedro

No medio dunha densa néboa, regresaba á Coruña despois de faenar con 17 homes a bordo cando foi a estrelarse contra uns baixos no exterior das illas de San Pedro que lle abriron unha vía de auga. O choque foi á altura do pañol de carbón, o que limitou algo a entrada de auga. A pesar do esforzo dos seus tripulantes, non puido evitarse o progresivo anegamento. Do barco só se puido salvar a documentación perdendo a tripulación todos os seus efectos.

Os 17 membros da tripulación puideron poñerse a salvo nos botes para ser rescatados polo pesqueiro Josefa Insua.

Características

Construído en 1911 en Inglaterra por C.D. Holmes e Co. Hull, o pesqueiro Cimarrón tiña matrícula de Sevilla e base na Coruña. Os armadores eran Antonio Segret Iglesias e Pedro Ugidos.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN