Skip to content

CARDENAL CISNEROS

  1. Nome: Cardenal Cisneros
  2. Tipo de barco: militar, cruceiro protexido
  3. Bandeira: España
  4. Data afundimento: 28 de outubro de 1905
  5. Causa: embarrancado
  6. Lugar: A Ximiela, baixos de Os Meixidos (Muros)
  7. Nivel de mergullo: Técnico
  8. Territorio GALP: Ría de Muros-Noia

HISTORIA

Só 40 minutos tardou en afundirse

O Cardeal Cisneros era un buque militar de casco de aceiro de 106 metros de eslora que se empezou a construír nos estaleiros de Ferrol en 1897. Pertencía á Armada española. O navío estaba equipado con dúas máquinas de vapor de tripla expansión que lle proporcionaban unha potencia de 15.000 IHP, alcanzado unha velocidade de cruceiro de 20 nós.

Contaba cunha importante dotación armamentística, con dous canóns de 280 milímetros, dez de 140 mm e 19 pezas menores, entre outras. Acabouse de construír un ano antes do seu afundimento e tiña capacidade para 520 tripulantes.

O accidente tivo lugar durante unha singradura de Muros a Ferrol baixo as ordes do comandante Manuel Díaz Iglesias. Non houbo vítimas, pero non se puido salvar nada do barco. En só 40 minutos desaparecera da superficie do mar.

O pecio atópase a unha profundidade de 32 brazas, a uns 59 metros de profundidade, e a dúas millas de distancia (3,2 km) do baixo de Os Meixidos.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN