Skip to content

Blas de Lezo

  1. Nome: Blas de Lezo
  2. Tipo de barco: militar, cruceiro lixeiro
  3. Bandeira: España
  4. Data afundimento: 11 de xullo de 1932
  5. Causa: vía de agua
  6. Lugar: canal entre O Centolo e o cabo Fisterra
  7. Nivel de mergullo:
  8. Territorio GALP: Costa da Morte

HISTORIA

Nefastas manobras militares

O cruceiro Blas de Lezo era un buque militar construído en 1923 en Ferrol pola Sociedade Española de Construción Naval. Propulsado a vapor, contaba con 4.500 SHP e alcanzaba unha velocidade de cruceiro de 29 nós. O seu casco de aceiro tiña unha eslora de máis de 140 metros e unha manga de 14. Contaba con seis canóns de 152 mm, outros catro de 47 mm e 12 tubos lanzatorpedos.

O buque participaba nunhas manobras militares xunto a unha flotilla de destrutores. Navegando a través da canle situada entre O Centolo e o cabo Fisterra, o Blas de Lezo chocou contra uns baixos non cartografados xunto ao illote. Non varou nin quedou atrapado, pero sufriu unha vía de auga que resultou letal.

O Argos tentou remolcar o cruceiro sinistrado, pero en pouco tempo foi necesario proceder ao rescate dos 350 tripulantes que viron como o Blas de Lezo afundíase no mar da Costa da Morte.

Imaxe do naufraxio do Blas de Lezo en onde se le: “El Blas de Lezo, hundiéndose, comienza a ser abandonado por su dotación, parte de la cual se ve formada en toldilla y en el castillo mientras un bote se aleja y otro se aproxima por su proa. Por babor, el Sánchez Barcáiztegui y por su proa, el su gemelo Méndez Núñez.”

GALERÍA

LOCALIZACIÓN