Skip to content

ADELAIDE

  1. Nome: Adelaide
  2. Tipo de barco: mercante, bricbarca
  3. Bandeira: Reino Unido
  4. Data afundimento: 19 de decembro de 1850
  5. Causa: embarrancado, temporal
  6. Lugar: enseada de Laxe. Por localizar.
  7. Nivel de mergullo:
  8. Territorio GALP: Costa da Morte

HISTORIA

O seu capitán foi o único sobrevivente

O Adelaide atopábase de arribada cando un cambio na dirección do vento a aconchou contra a praia de Laxe. Con 14 tripulantes e 3 pasaxeiros, só sobreviviu o capitán, William Dovell. Os cadáveres da súa muller e fillo están enterrados nun patio anexo ao cemiterio da igrexa parroquial de Santa María da Atalia, situado nun alto da mesma vila de Laxe e mirando ao mar onde pereceron.

O Adelaide era unha bricbarca, un barco de tres paus (131 TRB. 30.3 X 7.6 X 5.28 m) con base en Bristol (Reino Unido) e que tiña como armadores ao propio capitán, William Dovell, e a Charles Hill.

Cubría o roteiro Bristol a San Vicente, nas Antillas, cunha carga de carbón, centeo, barrís de guano e cal vivo.

É posible que neste pecio se traballase con obxecto de recuperar parte da carga.

Lápida conmemorativa en recordo das víctimas do Adelaide na igrexa de St. Mary the Virgin, Molland (Devon, Inglaterra).
Tumba da muller e do fillo do capitán do Adelaide xunto ao cemiterio da igrexa parroquial Santa María da Atalaia de Laxe (A Coruña).

GALERÍA

LOCALIZACIÓN