Skip to content

PESCA EN PECIOS

MUSEO MAREA

Varios elementos da colección permanente do Marea, Museo da Memoria Mariñeira relacionados cos naufraxios na ría de Muros-Noia. Algúns son vestixios evidentes como restos de pecios, premios, medallas ou diplomas a salvadores de náufragos. Mesmo hai unha placa da caldeira do vapor Horatio (01/06/1904).

Pero sen dúbida, un tesouro singular son os chamados “cadernos de marcas de pesca” e o mapa dos nomes de mar desta rica ría galega. Os cadernos ou “derroteiros” son manuscritos datado na década de 1950 (s. XX) nos que os patróns dos barcos anotaban os lugares onde pescaban. Son documentos, por tanto, moi ricos en información talasomínica (toponimia marítima), que proban o profundo coñecemento dos recursos naturais por parte dos pescadores artesanais.

Estes apuntamentos eran moi pouco frecuentes antes do século XX debido ao analfabetismo das xentes do mar aínda que, adoitaban estar escritos en galego xa que os saberes tradicionais transmitíanse oralmente nesta lingua.

Outra “casa” no fondo do mar. Un destes “derroteiros” de marcas de pesca está localizado no pecio do cruceiro militar Blas de Lezo (11/07/1932) xa que os pecios son zonas moi ricas en biodiversidade mariña. Contámoscho neste atlas! Mira!

GALERÍA

LOCALIZACIÓN