Museo Histórico - Arqueolóxico de A Coruña
Castelo de Santo Antón (BIC)
Na Sala de Navegación do museo custódianse os restos dunha embarcación da Armada Invencible localizados nun pecio do cabo Cee. A Armada Invencible era unha expedición militar marítima proxectada polo rei Felipe II para destronar a Isabel I e invadir Inglaterra.
En 1589, xusto un ano despois de que as naves da Armada Invencible recalasen no porto coruñés, A Coruña sufriu o asedio da frota inglesa comandada por Francis Drake. O castelo de Santo Antón, único baluarte do porto, non foi suficiente para deter a incursión e do outro lado da ría mandouse levantar o castelo de Santa Cruz para reforzar o sistema defensivo da cidade que se completaba cos castelos de San Diego e San Amaro, hoxe desaparecidos, e outras pequenas baterías.
Outro enclave simbólico. O castelo de Santa Cruz, situado no illote do mesmo nome (Oleiros) acolle hoxe o Ceida, un centro de referencia en Galicia en defensa da natureza e do medio ambiente. Viches desde aquí a posta de sol sobre a ría da Coruña?
GALERÍA
LOCALIZACIÓN