Skip to content

Lancha de salvamento Blanca Quiroga

Parque de Bens

Un dos símbolos da solidariedade marítima de Galicia, e de España, a Blanca Quiroga, a emblemática embarcación de salvamento da Cruz Vermella Mar, descansa desde 2002 no parque de Bens (60,5 hectáreas) mirando ao mar no que durante 29 anos cumpriu servizo.

A Base de Salvamento Marítimo da Coruña creouse en 1971 tras o naufraxio do pesqueiro La Isla (04/10/1970) nas inmediacións da Torre de Hércules e a morte de 14 dos seus 15 tripulantes. Esta traxedia humana puxo en evidencia as graves carencias dun servizo básico e unha imperiosa necesidade de profesionalización. Despois, tras unha gran mobilización social, creáronse na cidade a Cruz Vermella do Mar, o Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil (GEAS) e unha base para o helicóptero do Servizo Aéreo de Rescate do Exército do Aire. A Coruña foi o primeiro porto español que contou cun servizo eficiente de salvamento marítimo.

Desde a entrega oficial da embarcación Blanca Quiroga o 18 de agosto de 1973 (chegara o 26 de xuño), a súa folla de servizo rexistrou centenares de intervencións e numerosos rescates grazas ao compromiso dunha tripulación voluntaria, cuxa valentía foi recoñecida en múltiples ocasións. Dúas das máis importantes catástrofes mariñas nas que participou foron o naufraxio do Urquiola (1976) e o do Mar Egeo (03/12/1992).

Fito histórico. Fíxate! A Blanca Quiroga foi construída coa técnica máis avanzada en construción naval. Era unha lancha que se autoadrizaba, aínda que se dese a volta volvía poñerse dereita.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN