I CAMPIONATO DE FOTOGRAFÍA SUBMARINA EN PECIOS

REGLAMENTO DE COMPETICIÓN

O I Campionato de fotografía submarina en pecios RIMARTES é un certame que persegue a promoción das actividades subacuáticas recreativas na contorna dos pecios situados no ámbito dos Grupos de Acción Local Pesqueira (GALP) Golfo Ártabro Sur, Costa da Morte e Costa Sostible. En xeral, o territorio dos tres GALP abarca uns 300 quilómetros de costa na provincia da Coruña e 25 municipios que son, de norte a sur: Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña, Arteixo, A Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Vimianzo, Camariñas, Muxía, Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e Porto do Son.

“RIMARTES. Riquezas do mar, tesouros do profundo” é un proxecto de promoción do coñecemento do patrimonio subacuático, a protección dos recursos para a súa posta en valor e o aproveitamento social, cultural, turístico, sostible e económico da presenza de barcos afundidos no litoral de interese histórico ou arqueolóxico.

Esta iniciativa enfoca os seus esforzos á dinamización dos diferentes centros de mergullo que ofrecen servizo no territorio mediante diferentes accións de promoción, sensibilización e divulgación.

A Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS) é a entidade oficial que aglutina a todos os clubs e deportistas federados nesta especialidade. Traballa tanto no fomento do deporte como na promoción das actividades subacuáticas e as boas prácticas, sendo ademais un ente autorizado en materia de organización de competicións e accións de promoción do mergullo.

OBXECTO

  1. O obxecto deste documento é completar o recollido no Regulamento de Competición FEGAS de Fotografía Submarina vixente para a celebración do I Campionato de Fotografía Submarina en Pecios 2022, organizado polos GALP Costa Sostible, GALP Costa da Morte e GALP Golfo Ártabro Sur (dentro do proxecto RIMARTES) en colaboración con FEGAS, e que terá lugar os seguintes días nos seguintes territorios:
    • Costa da Morte: 14 de maio, 09:00 h. Lugar: porto de Malpica
    • Costa da Morte: 15 de maio, 09:00 h. Lugar: porto de Fisterra
    • Zona Muros-Noia: 21 de maio, 09:00 h. Lugar: porto de Porto do Son
    • Golfo Ártabro Sur: 28 de maio, 09:00 h. Lugar: Mariña deportiva de A Coruña
  2. O I Campionato de Fotografía Submarina en Pecios RIMARTES é un concurso aberto á participación de mergulladores en posesión da correspondente licenza e permisos para a práctica de mergullo autónomo, así como o seguro federativo en vigor, que realicen inmersións a través dos centros de mergullo colaboradores do proxecto RIMARTES.
  3. As inscricións levaranse a cabo a través da FEGAS e terán carácter gratuíto.
  4. O deportista é o responsable de abonar tanto a saída de mergullo como aqueles gastos derivados da inmersión.
  5. Os mergulladores participantes poderán participar en cada unha das catro saídas de mergullo programadas nos tres territorios GALP, debéndose inscribir con anterioridade.
  6. A elección do lugar da inmersión coordinarase entre os centros de mergullo colaboradores de RIMARTES e a xerencia dos tres GALP promotores de RIMARTES.
  7. O número de participantes estará limitado ás prazas dispoñibles na embarcación do centro de mergullo. Queda prohibido o uso de embarcacións alleas á organización.
  8. Está prohibido intervir no pecio, alterar o medio natural ou as condicións nas que se atopa o xacemento.
  9. Para todos aqueles aspectos non contemplados expresamente neste documento, aplicarase integramente o Regulamento de Competición FEGAS de Fotografía Submarina vixente. No caso de que xurdisen ou se expuxesen dúbidas sobre a interpretación do regulamento, o órgano competente para dirimilas será o Comité de Imaxe da FEGAS, que se pronunciará a través da figura do seu Delegado.

PREINSCRICIÓN E INSCRICIÓN

  1. Para poder participar na competición deberase cubrir o documento de preinscrición específico e remitilo por correo electrónico desde a dirección de e-mail do Club ao que pertenza o participante que figura como “Fotógrafo” ás seguintes direccións de correo electrónico: imagen@fegas.net e fegas@fegas.net. Ademais, facilitaranse en formato dixital os seguintes documentos dos compoñentes do equipo: DNI, titulación de mergullo, licenza federativa de competición e certificado médico que reúna as condicións establecidas na normativa vixente, así como os documentos de Protección de Datos en eventos e competicións deportivas e a Declaración responsable fronte o Covid-19 en caso de ser necesaria, e a declaración responsable asegurando a veracidade e vixencia da documentación achegada. O último día para efectuar a preinscrición será de 7 días antes da celebración de cada proba.
  2. Os días de competición e no lugar de presentación dos participantes, formalizarase a inscrición na proba asinando os documentos correspondentes.
  3. A titulación de mergullo de polo menos un dos integrantes de cada equipo será CMAS/ FEDAS B2E ou superior, ou equivalente e convalidable por CMAS/ FEDAS B2E ou superior se se trata doutra certificadora. Os participantes dun mesmo equipo (Fotógrafo e Cofotógrafo) deberán cumprir cos límites establecidos para o de menor nivel de mergullo.
  4. Lémbrase a obrigatoriedade de portar a boia de descompresión durante as inmersións da competición por parte dos participantes dun mesmo equipo (Fotógrafo e Cofotógrafo) pois o seu uso é obrigatorio para indicar a súa posición cando se vaia iniciar o ascenso á superficie. Igualmente, lémbrase a obrigatoriedade de ir equipado con polo menos un regulador con dobre segunda etapa (ou dobre regulador), manómetro (ou grifería con sistema de reserva), coitelo, e conxunto de reloxo – profundímetro – táboas, ou computador de mergullo.
  5. As botellas de mergullo que se empreguen na competición deberán cumprir cos requisitos establecidos na normativa vixente no relativo ás inspeccións periódicas, é dicir, o último retimbrado será de fai menos de tres anos e a última inspección visual será de fai menos dun ano. As botellas que non cumpran con este requisito non poderán empregarse na competición.
  6. Non se permitirá a participación nesta proba daquela persoa ou persoas que non cumpran cos requisitos establecidos no presente regulamento particular.

DESENVOLVEMENTO DA COMPETICIÓN

  1. O campionato terá lugar nos 4 emprazamentos seleccionados para a celebración do mesmo: o porto de Malpica o día 14 de maio, o 15 de maio en Fisterra, o 21 de maio no porto de Porto do Son e o 28 de maio na Mariña Deportiva da Coruña, sempre con hora de inicio as 09:00 horas.

  2. Antes do comezo da primeira inmersión terá lugar unha reunión informativa entre todos os participantes e a Organización para explicar o desenvolvemento da proba, plan de seguridade, horarios e programa detallado. Tamén se definirá a composición do Comité de Competición.
  3. Cada xornada de competición constará dun máximo de dúas inmersións dun máximo de 90 minutos cada unha. Tanto a duración das inmersións como as horas de comezo poderán ser modificadas pola Organización da proba se esta considérao conveniente para o bo desenvolvemento da competición.
  4. Antes do inicio e ao final de cada inmersión realizaranse as tomas de control que a Organización da proba estableza. A manipulación dos equipos de fotografía desde o momento de finalización da primeira inmersión ata o momento de comezo da segunda inmersión limitarase á realización das tomas de control, que se farán sempre en presenza do membro da Organización designado para tal efecto, e aos cambios de materiais que poidan ser precisos: obxectivos, flashes, etc.
  5. A edición de fotografías permítese unicamente en inmersión, no propio equipo do competidor.
  6. Unha vez finalizada a última inmersión e realizada a última toma de control, non se permitirá a manipulación dos equipos de fotografía salvo para a extracción das tarxetas de memoria que se fará necesariamente baixo a presenza dun membro da Organización. A manipulación dos equipos de fotografía para outra labor distinta da extracción da tarxeta de memoria e/ou sen a presenza dun membro da Organización considerarase unha falta moi grave.
  7. Os participantes farán entrega das súas tarxetas de memoria á Organización no posto do comité organizador da proba.

CATEGORÍAS

  1. Os fotógrafos disporán dun tempo fixado pola Organización para visionar e seleccionar as súas imaxes, cos seus propios dispositivos de visionado. Se transcorrido ese tempo o fotógrafo non indicou as fotos seleccionadas, entenderase que se retira da competición.

  2. Adxunto ao documento de selección de imaxes, o participante enviará unha folla de contactos coas imaxes elixidas e na posición de proxección desexada.

  3. O número de fotos a presentar é de tres, distribuidas nas categorías seguintes:

    • Angular de pecio con mergullador (Apb).

    • Angular de pecio sen mergullador (Aps).

    • Close up de pecio (Cup).

  4. A descrición das categorías é a seguinte:

    • Angular de pecio con mergullador (Apb): Foto gran angular con integración en maior ou menor medida dun mergullador na paisaxe submarina, na que aparecerá un pecio en todo ou en parte do encadre como elemento fundamental da composición. O mergullador será a parella inscrita co fotógrafo como equipo. Non está permitida a apnea ou mergullo libre. Valorarase o equilibrio entre mergullador e paisaxe, posición do mergullador, variedade cromática, composición, fondos, fauna e flora, etc.

    • Angular de pecio sen mergullador (Aps): Foto gran angular sen a existencia de ningunha persoa na fotografía, dando o exclusivo protagonismo á beleza dos fondos, fauna e flora da natureza, etc., na que aparecerá un pecio en todo ou en parte do 7 encadre como elemento fundamental da imaxe. Valorarase a composición, variedade cromática, fauna e flora, etc.

    • Close up / Macro de pecio (Cup): Fotografía de aproximación ou macro onde debe aparecer algunha parte ou detalle dun pecio como obxecto principal. Valorarase a creatividade, a rareza das especies que aparezan, o detalle fotografado, etc.

  5. Débense buscar e aproveitar os medios que nos ofrecen as nosas cámaras e a nosa creatividade para realzar a beleza da natureza, xa que dispoñeremos de posibilidades artísticas incontables. O Xurado terá en conta estes criterios para puntuar en consecuencia. Veranse penalizadas as fotografías que mostren montaxes ou composicións irreais. Ademais, calquera fotografía na que se aprecie que a contorna ou o suxeito foron manipulados, será descalificada.

SELECCIÓN DE FOTOGRAFÍAS

  1. Os fotógrafos disporán de ata 15 días despois da última proba para visionar e seleccionar as súas imaxes cos seus propios dispositivos de visionado, debendo enviar por correo electrónico a imagen@fegas.net e a fegas@fegas.net a súa Folla de Selección de Imaxes. Se transcurrido ese tempo o fotógrafo non indica as fotos seleccionadas, entenderase que se retira da competición.

XURADO

  1. O Xurado estará composto por polo menos tres Xuíces máis un secretario, con voz pero sen voto, elixidos entre os certificados como tales pola FEDAS xa sexan autonómicos ou nacionais, que estean en activo e en posesión da licenza federativa vixente. Tanto o secretario como os Xurados serán designados pola FEGAS.

PREMIOS

  1. Os premios do I Campionato de fotografía submarina en pecios RIMARTES:
  • Diploma e Trofeo para o campeón absoluto.
  • Diploma e Trofeo para o segundo e terceiro clasificado.
  • Diploma e Trofeo para a mellor foto de cada territorio GALP (Golfo Ártabro Sur, Costa da Morte e Costa Sostible).

TOMA E PUBLICACIÓN DE IMAXES E DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

  1. A participación na competición implica a autorización á Federación Galega de Actividades Subacuáticas ( FEGAS), aos tres GALP promotores no marco do proxecto RIMARTES, e aos clubs de mergullo colaboradores (Buceo Finisterre, Buceo Galicia, Deep Team Coruña, Buceo Malpica, Mergullo Compostela e Nauga Buceo) para difundir a totalidade das imaxes recollidas sobre o evento en calquera medio de comunicación, escrito e/ou audiovisual, sen límite territorial, así como á súa utilización pola FEGAS na súa publicidade. Así mesmo, autoriza á FEGAS e aos organizadores para empregar as imaxes obtidas froito da competición, para a súa publicación na páxina web corporativa da FEGAS, nas galas de entrega de premios, así como para o envío de noticias exclusivas para anunciar a celebración e os resultados dos devanditos campionatos, quedando limitado, en caso de cesión de vídeos para a súa emisión en televisión, ao 40% da duración de cada vídeo, co fin de divulgar e promover este tipo de actividades e nunca con fins comerciais. Para calquera outro tipo de utilización, requirirase autorización expresa do autor das imaxes.
  2. De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, informamos de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é a Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS) con domicilio en Paseo Alcalde Francisco Vázquez, Nº6-1º 15001 A Coruña (A Coruña). A finalidade deste ficheiro é a xestión de imaxes tomadas durante a celebración de saídas, campionatos e outros 9 eventos organizados pola entidade ou facilitadas polos federados. Se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito á dirección sinalada, facilitando unha fotocopia do seu DNI.
  3. . As imaxes galardoadas incorporaranse a unha exposición fotográfica itinerante organizada por RIMARTES cuxo obxectivo será a posta en valor do patrimonio subacuático, a promoción do deporte do mergullo e dar a coñecer o territorio dos tres GALP promotores deste proxecto de turismo sostible.
  4. A través da inscrición neste concurso, todos os participantes aceptan, por unha banda, as bases deste regulamento de funcionamento e, pola outra, ceden os dereitos para uso da súa imaxe en calquera soporte audiovisual de promoción deste concurso en medios de comunicación ou nas canles propias de RIMARTES (web e redes sociais).