Skip to content

Escultura a espera

Cabo de laxe

Xunto ao faro xemelgo do cabo Roncudo, do outro lado da ría Corme-Laxe, unha muller cun neno de pouca idade en brazos mira desesperada ao horizonte buscando o barco dun ser querido que nunca regresará. É a escultura “A Espera”, obra da artista Iria Rodríguez, en recordo dos falecidos no mar a través das persoas que deixan en terra.

Situación privilexiada. Aquí no cabo de Laxe está situado o faro do mesmo nome, “xemelgo”, do de cabo Roncudo. Construídos en 1920, ambos son un sinxelo cilindro recuberto de azulexos brancos. A diferenza é a súa aparencia e escintileo. Sabías que estas dúas características son o “DNI” dos faros desde o mar?

GALERÍA

LOCALIZACIÓN