CRUCES EN RECORDO DE NAÚFRAGOS
ARDELEIRO
En varios puntos dos cantís da Costa da Morte poden verse cruces que lembran a mariñeiros falecidos no mar. Varias delas están en Ardeleiro (Malpica) e no camiño cara ao cabo Roncudo (Corme, Ponteceso).
A cruz en Ardeleiro, xunto aos muíños do mesmo nome e no Roteiro dos Muíños, colocáronse en recordo das catro vítimas do naufraxio da lancha de pesca David (08/07/1899) nos baixos de Baldaio. Todos, un pai e os seus tres fillos, pertencían a unha mesma familia de Malpica.
Patrimonio inmaterial. O naufraxio do David é un dos moitos que marcan a historia marítima e mariñeira da Costa da Morte. Historias de mortes e vidas tráxicas que dan forma a un patrimonio inmaterial de gran valor como é a nosa memoria histórica, que foi documentando en reunións de documentación cos veciños de máis idade e en varias publicacións editoriais. Protección para as Aves (ZEPA). É unha gran visita!
GALERÍA
LOCALIZACIÓN