Skip to content

CRUCES BRANCAS

CABO RONCUDO

No traxecto cara ao cabo Roncudo (Corme, Ponteceso) chaman a atención, como imáns, unhas pequenas cruces brancas sobre os cantís. Xa moi preto do faro do cabo Roncudo.

Son a Cruz do Delmiro e, algo afastadas, as de “Os Poliños”, en recordo dun pai e un fillo. Debaixo destas últimas identifícase unha roca que semella a face dun mariñeiro vasco, evocando a numerosa e case centenaria colonia cormelana en Trintxerpe, barrio de Pasaia (Guipúscoa).

Xunto aos muíños de Ardeleiro (Malpica) pode verse outra de destas cruces que lembran a mariñeiros falecidos no mar.

Onde o mar ronca. Coñecerás o cabo Roncudo porque aquí se marisquean os famosos percebes do Roncudo. As ondas bravas, ademais de ser unha das razóns polas que estes crustáceos teñen tan boa calidade, deron nome a este saínte polo son rouco do mar que aquí se escoita. Se te quedas en silencio, concordarás.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN