Skip to content

CONTROL DO TRÁFICO MARÍTIMO

MONTE ENXA

A creación do corredor marítimo de Fisterra, a unhas 22 millas da costa (33 km) reduciu considerablemente o número de accidentes de buques mercantes. Nesta zona, o Centro Zonal de Coordinación do Tráfico Marítimo de Fisterra, situado no monte Enxa (Porto do Son) exerce o control do corredor de navegación da Costa da Morte, complementando o labor da torre de control do peirao Barrié de la Maza da Coruña.

Segundo a normativa internacional, todos os barcos teñen que reportarse a este servizo ao cruzar as denominadas liñas de demora 130 a cabo Vilán e 75 a cabo Fisterra. Desta forma pódese mellorar a rapidez na resposta no caso de que ocorra un accidente ou un buque se atope en perigo.

Reivindicación concedida. O dispositivo de Fisterra foi unha reivindicación das confrarías e a asociación de titulados náutico-pesqueira. O dispositivo afasta os buques un mínimo de 21,7 millas náuticas, o que preservaba tres importantes caladoiros, moi frecuentados pola frota de baixura.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN