Skip to content

Castelos de Sada

Ría de Betanzos

Chegados ao porto pesqueiro de Fontán, hai que subir ao barrio do mesmo nome para atopar os vestixios do antigo castelo de Fontán que, xunto ao veciño de Corbeiroa (tamén desaparecido) defendían a entrada desta produtiva e estratéxica ría.

Nos s. XVII-XVIII, Sada xa era un importante porto pesqueiro no Golfo Ártabro. Tamén había unha importante industria da salgadura da sardiña e fábricas téxtiles de varios tipos, incluída unha de lona e jarcias que fornecía de teas e cordeis á Armada Real, polo que recibiu numerosos privilexios do rei Carlos II. Para garantir a seguridade deste armazón construíronse os dous baluartes que, con posterioridade, pasarían a formar parte do emblema ou escudo da vila.

Atalaias naturais. Aínda que só quedan as ruínas de ambos os castelos, tanto desde o alto de punta Fontán (norte) como Corbeiroa (sur) as vistas da ría de Betanzos desde Sada seguen sendo espectaculares.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN