Skip to content

Caprichosa orografía

Península da Torre de Hércules

Numerosos son os naufraxios sucedidos neste tramo de litoral de caprichosa orografía como La Isla, o Pilar Blanco, o Rhinoceros ou o Rytterholm. Este capítulo da historia do mar da Coruña contrasta coa súa gran beleza natural como se pode comprobar nun longo paseo rodeando a península da Torre de Hércules ata o monte de San Pedro co Atlántico como compañeiro.

Xusto na parte máis penetrada no mar levántase a Torre de Hércules, declarada Patrimonio da Humanidade (27/06/2009) e o faro máis antigo do mundo en funcionamento. Construída polos romanos, data da segunda metade do século I ou comezos do século II. Dos seus 55 metros de altura, 34,38 corresponden á fábrica romana e 21 á restauración de 1789. Cando a Torre foi construída estaba afastada de Brigantium, a cidade romana que daría orixe á Coruña, e hoxe está integrada un dos grandes espazos verdes da Coruña, o parque escultórico da Torre de Hércules.

Baixo a luz do faro máis antigo. Paseaches por este museo ao aire libre que se estende pola península da Torre, punta Herminia, O Acoroado e o Cabal de Pradeira ao longo de 47 hectáreas?

GALERÍA

LOCALIZACIÓN