Skip to content

Campá do Matthew Cay

Museo da Pesca de Fisterra

O rico patrimonio subacuático da Costa da Morte materialízase nesta peza única custodiada no Museo da Pesca de Fisterra. A campa do vapor mercante Mathew Cay (23/09/1887) foi recuperada nos baixos da Carraca, a 3 millas do cabo Fisterra. O pecio foi localizado por Mergullo Finisterre, un dos centros de mergullo colaboradores de Rimartes.

O castelo de San Carlos (s. XVIII), o espazo onde está o Museo da Pesca, é tamén un reclamo para a súa visita. Foi construído como parte do plan defensivo da ría de Corcubión xunto co castelo do Príncipe, en Ameixenda (Cee) e o do Cardeal, en Corcubión.

Enclave simbólico. O Museo da Pesca de Fisterra está situado moi preto do porto pesqueiro e a escasa distancia do cabo Fisterra, o “fin do mundo” na antigüidade e actualmente, do Camiño de Santiago. A visita é unha viaxe no tempo!

GALERÍA

LOCALIZACIÓN