Skip to content

Barómetro do Serpent

CAMARIÑAS

Outra das pegadas materiais do naufraxio do H.M.S Serpent (10/11/1890) é o barómetro colocado na fachada do número 3 da rúa Alcalde Noguera Patiño, mirando ao porto de Camariñas. Foi, entre outros, un dos agasallos da Mariña Real británica en agradecemento aos veciños polo auxilio prestado aos tres sobreviventes e polos labores de procura e rescate dos 142 corpos enterrados despois no Cemiterio dos Ingleses. Un barómetro é un instrumento para medir a presión atmosférica.

O alcalde recibiu un reloxo e o cura de Xaviña, que “enterrou aos protestantes”, unha escopeta coa lenda “The Lords Commisioners of the British Almiralty” na empuñadura. Durante moito tempo, cada aniversario do naufraxio, achegábase á zona un barco de guerra inglés que honraba aos defuntos cunha coroa de flores e abastecía ao párroco con munición para a arma.

Conexión coa Coruña. No xardín de San Carlos da Coruña, case froito da casualidade debido ao mal tempo, colocouse unha placa en recordo dos náufragos do Serpent. Coñecías esta parte da historia?

GALERÍA

LOCALIZACIÓN