Skip to content

ARA SOLIS

FARO DE FISTERRA

Desde a vila de Fisterra, uns 5 quilómetros en dirección sur e en paralelo ao granítico monte Pindo, o monte do Cabo protexe a ría de Corcubión. No extremo do cantil levántase o mítico faro de Fisterra, o máis antigo da Costa da Morte xunto co das illas Sisargas (1853), e onde miles de peregrinos acaban o seu Camiño de Santiago. No cume do monte de O Facho (242 metros) suponse que estaba o Ara Solis da Antigüedad para a celebración dos ritos solares.

Ademais da súa lanterna, outro dos elementos característicos deste conxunto é A Sirena, popularmente coñecida como “a vaca de Fisterra”, un instrumento para fai fronte a un fenómeno meteorolóxico moi frecuente neste lugar. A Sirena entrou en funcionamento en 1889 para os días en que a néboa impedía ver a luz do faro. Emite dous sons estridentes cada minuto, cun alcance de 25 millas (46 km) en tempo medio.

Acabar o Camiño baixo o mar. Ao contrario que noutros lugares de Galicia, na ría de Corcubión pódese practicar mergullo recreativo con case calquera vento a excepción do vento do sur. Mesmo co temido nordés! Coñecías esta curiosidade? Acabar o Camiño de Santiago baixo o mar sería, sen dúbida, unha forma distinta de finalizar esta experiencia e o traxecto.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN