Skip to content

ANTIGO PORTO INTERNACIONAL

CORCUBIÓN

O establecemento da Compañía Xeral de Carbóns, propiedade do empresario Plácido Castro, no porto de Corcubión xurdiu por mor da necesidade de ofrecer un punto de reaprovisionamento para os buques de vapor que transitaban fronte ao cabo Fisterra. En ocasións, os buques quedaban curtos de combustible, sobre todo se tiñan que facer fronte aos temporais, e precisaban de encher antes de alcanzar os seus destinos.

Á ría de Corcubión comezaron a arribar buques e, durante moitos anos, veríase moi concorrida de barcos todas as nacionalidades. Pronto se instalarían aquí consulados de diferentes países, provisionistas, remolcadores e servizos á navegación, entre outros, creando unha puxante industria ao redor do tráfico marítimo.

Este discorrer de buques tivo, con todo, unha contrapartida. A perda de non poucas naves nos perigosos baixos que salpican o seo de Corcubión. Para evitar este risco establecéronse varios faros e balizas, como o do Carrumeiro Mozo, ademais de situar prácticos que introducisen os buques na ría.

Os pontones. Unha vez no interior da ría de Corcubión, os buques abarloábanse a pontones cargados de carbón, moitos dos cales acabaron afundidos no fondo. Agora son visitables por mergulladores reacreativos.

GALERÍA

LOCALIZACIÓN