Áncora do Mar Exeo
Aquarium Finisterrae
O accidente do petroleiro Mar Egeo contra os baixos da Torre de Hércules é un dos sucesos marítimos que forman parte da memoria colectiva dos coruñeses.
Ademais do pecio, moi visitado polos centros de mergullo da Coruña con boa mar (está moi preto da costa), hai varios recordos en terra. Unha das dúas áncoras titulares do buque atópase desde 2000 na terraza do Aquarium Finisterrae, formando parte dunha exposición permanente sobre o mar e a poucos metros do lugar onde embarrancó o Mar Egeo en decembro de 1992. É moi grande! Esta áncora pesa 14.500 kg, a cana mide 6 metros e entre os extremos das uñas hai 3. Hai que lembrar as dimensións do Mar Egeo para entender este tamaño: 261,02 metros de eslora por 40,67 de manga, 15,93 metros de calado máximo, 26.100 BHP e 114.000 toneladas de peso morto.
Esta áncora recuperouse do fondo do mar, a uns vinte metros, e a outra continua afundida. A áncora de respecto exhíbese desde 1997 no Museo de Áncoras Philippe Cousteau de Salinas (Asturias).
Como no fondo do mar. O Aquarium Finisterrae mergúllanos no fondo do mar, como mergulladores tras o cristal. No percorrido polas salas vese unha representación do ecosistema mariño, sobre todo se a visita coincide pola mañá con luz natural.
GALERÍA
LOCALIZACIÓN